Proxeto Baliza
I was invited to work with fashion students from ESDEMGA investigating how to incorporate movement in fashion in a innovative way. Looking forward to it! Bellow you find a better description of the event.
Dende o próximo día 24 de novembro e ata o 26 celébranse en Pontevedra, organizadas polo Grupo de investigación Tracker Laboratorio Visual no contexto do proxecto Baliza da Facultade de Belas Artes de Universidade de Vigo e colaboración de ESDEMGA, as I Xornadas de Pensamento e investigación en Deseño.
Nesta edición quixemos centrarnos na experimentación científica e tecnolóxica como campo de expansión no seu cruzamento de camiños co deseño. Durante estes dous días, queremos compartir, debater e analizar o panorama actual de interacción entre arte, deseño e desenvolvemento tecnolóxico a partir do debate entre artistas, deseñadores e desenvolvedores que se somerxen neste territorio altamente experimental formulando preguntas e buscando enfoques en busca dunha anticipación da forma transformada a partir desta hibridación.
Para iso, preparamos un programa de charlas e workshops onde escoitaremos e aprenderemos da experiencia de artistas como María Castellanos, Elena Corchero e Ricardo O´Nascimento, e tamén nos achegaremos a aplicacións directas ao ámbito do deseño para moda a través de traballos como o que Leandro Cano desenvolveu a través da súa colaboración con Samsung Innovation Project.
Neste marco atenderemos ás posibilidades tecnolóxicas e á súa capacidade para transformar o presente tanto na aplicación directa a problemas de deseño coma na súa vertente máis conceptual.
WORSHOPS. Elena Corchero, Ricardo O´Nascimento
CONFERENCIAS: María Castellanos, Elena Corchero, Ricardo O´Nascimento, Leandro Cano.
24.11.2014/ 25.11.2014/ 26.11.2014
Facultade de Belas Artes de Pontevedra